II Congreso De Centros Comerciais Abertos E Centros Comerciais Urbanos

O próximo 14 de decembro encontrarémonos no II Congreso de Centros Comerciais Abertos e Centros Comerciais Urbanos de Galicia, no Centro Sociocultural Ensanche de Santiago de Compostela.
Un segundo congreso que estará centrado en compartir experiencias sobre a dinamización comercial e a xestión das nosas entidades, con mesas de traballo onde compañeiros e compañeiras de toda Galicia falarán dos seus proxectos.

O prazo de inscrición está aberto. Podes inscribirte ata o 11 de decembro a través do mail info@agaxecca.gal. A inscrición é gratuíta para persoas asociadas, e 30€ para non asociadas, e inclúe a asistencia ao Congreso, comida e 3h no párking Praza de Vigo.

Acceder ao programa: http://agaxecca.gal/ii-congreso-de-centros-comerciais-abertos-e-centros-comerciais-urbanos/

Esta web utiliza cookies, puedes ver aquí la Política de Cookies